Documental TV 56 min
2012

Rodado en Galicia durante primavera e verán de 2012, analiza as causas do principal problema ambiental de Galicia, os incendios forestais. Un documental que se achega ao lume a través de entrevistas a académicos, axentes forestais, agricultores, gandeiros, investigadores de corpos oficiais do Estado, protectores do medio ambiente e veciños do medio rural.

Un documental para a Televisión de Galicia que se converteu en referencia para centros educativos e de investigación. Queimar ou monte é un traballo centrado nas causas dos incendios forestais, pero ao mesmo tempo é un retrato poliédrico do monte galego. Unha refinada colección de personaxes presentan as súas situacións particulares, reais e imaxinarias e os seus problemas, causas e solucións.

 

Walkie Talkie Films

CRTVG

Equipo

Dirección e guión: Emilio Fonseca

Xefa da Produción: Uxía Buciños e Nóvoa

Música: Xiana do Teixeiro

Proyecciones

7th ECOZINE FILM FESTIVAL DE ZARAGOZA - SECCIÓN OFICIAL (2013)

FESTIVAL DE CINE DE OURENSE - PANORAMA GALICIA (2013)

ESTRENO EN TVG (2013)

CICLO DOCUMENTAL “A NOSA TERRA, A NOSA CULTURA” - ADEGA LUGO (2013)

TERRACTIVA - FEIRA ECOLÓXICA DE ARZÚA (2013)

III CICLO CINEMA RURAL EN LINGUA PROPIA - USC LUGO (2016)